Submedida 8.4: Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.
O obxectivo desta medida é restaurar o potencial forestal unha vez acaecido o incendio ou catástrofe. Financiaranse actuacións de recuperación do potencial forestal mediante tratamentos postincendio de conservación de solos, tratamentos silvícolas e repoboacións.
Poderán ser beneficiarios desta axuda, por tanto, a Administración pública propietarias ou xestoras de montes, os xestores de montes, xa sexa por arrendamentos ou contratos plurianuais coa propiedade, xa sexa pública ou privada, os propietarios de terreos forestais que os xestionen directamente, ou organismos públicos e de dereito privado que xestionen montes, o seu aproveitamento ou o seu uso e goce.
Descargue a información ampliada da Submedida 8.4 premendo aquí.