Submedida 9.1: Creación de agrupacións e organizacións de produtores nos sectores agrícola e forestal.

Submedida 9.1: Creación de agrupacións e organizacións de produtores nos sectores agrícola e forestal.

Productores agricolas

Esta medida, persegue a adaptación da produción e o rendemento dos produtores ás esixencias do mercado e fomenta a comercialización conxunta de produtos, o establecemento de normas comúns sobre a produción así como o desenvolvemento de competencias e a facilitación de procesos innovadores.

A axuda en virtude desta medida concederase para facilitar a creación de agrupacións e organizacións de produtores nos sectores agrícola, gandeiro e forestal co fin da adaptación da produción e o rendemento dos produtores que sexan membros de tales agrupacións ou organizacións ás esixencias do mercado, da comercialización conxunta dos produtos, incluída a preparación para a venda, a centralización das vendas e o abastecemento aos almacenistas, do establecemento de normas comúns relativas á información sobre a produción, así coma outras actividades que poidan realizar as agrupacións e organizacións de produtores, tales como o desenvolvemento de competencias empresariais e comerciais, e a organización e facilitación de procesos innovadores.

Descargue a información ampliada da Submedida 9.1 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

ORDE do 5 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de grupos e organizacións de produtores no sector agrícola, cofinanciadas co Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018
Fecha de presentación: 17/4/2018-16/5/2018