Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,1 M€ en 19 concellos da comarca da Coruña e Betanzos para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025

Belén do Campo destaca o investimento de máis de 1,1 M€ en 19 concellos da comarca da Coruña e Betanzos para a mellora de camiños rurais para 2024 e 2025

Belén do Campo fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria en Galicia de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas

Aranga, (A Coruña) martes, 27 de Agosto de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Aranga, Alberto Platas e a directora territorial da consellería de medio rural na Coruña, Nieves Mancebo, visitou hoxe esta localidade e salientou alí o investimento do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con case 19,5 millóns de euros para 2024 e 2025, o que supón o orzamento máis alto dende 2017. En concreto, no marco desta convocatoria, está prevista unha actuación no concello de Aranga de 77.729,00€ para a mellora de pavimentación no camiño do Toxiño.

O financiamento faise con fondos Feader, con cargo ao Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 e son subvencionables camiños de acceso a núcleos rurais de poboación. A delegada da Xunta informou que na comarca da Coruña e Betanzos recibirán estas axudas 19 concellos por un importe total de máis de 1,1 millón de euros. Na visita, a delegada comprobou a actuación realizada, o ano pasado, con estas mesmas axudas, dunha actuación de mellora de acceso nos núcleos de Baltar e Xocín cunha axuda de 77.458,00 euros por parte do Goberno autonómico.

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural xa que o fortalecemento das infraestruturas facilita a accesibilidade e vertebración do territorio, reforza o tecido social, contribúe a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, dinamiza o tecido produtivo e fixa a poboación. Así, estas axudas promoven a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños que forman parte da rede viaria de acceso a unha ou varias entidades de poboación. Nesta liña, o Plan de mellora de camiños permite garantir e potenciar o tránsito de vehículos e maquinaria.

Durante o período 2016-2024 contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros, permitindo a mellora de máis de 5.450 camiños e máis de 4.280 quilómetros de vías rurais e a provincia da Coruña foi a que máis importe económico recibiu desta iniciativa na etapa mencionada, superando os 40 millóns de euros, e polo tanto, na que máis actuacións se produciron.

A delegada engadiu que a través de iniciativas coma esta, “a Xunta mantén o compromiso coa promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego”. O Plan de mellora de camiños rurais ten unha traxectoria que se remonta a 2013 e este ano, por primeira vez, compleméntase co Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria finalizadas, dotado con 6 millóns de euros.

En cada convocatoria do Plan de mellora de camiños rurais repártense entre os 313 concellos os fondos dispoñibles e corresponde a cada un deles a elección dos camiños sobre os que se considera preciso actuar, así como o proxecto de obra de ampliación, mellora ou mantemento. Ademais, estes están obrigados a contratar un servizo externo de control de calidade das obras executadas.

PROMOTOR

TOTALAXUDA

2024-2025

TITULO

PROXECTO 1

TITULO

PROXECTO 2

TITULO

PROXECTO 3

ARTEIXO

59.663,00 €

MELLORA DOS CAMIÑOS CM00256 E CM01079 NO LUGAR DE SUEVOS

 

 

VILARMAIOR

50.199,02 €

MELLORA DE FIRME DE VIAL LOBEIRAS ESPELDOÑA

 

 

BERGONDO

43.845,90 €

PROXECTO DE REPARACIÓN E ASFALTADO A BASE DE AGLOMERADO ASFÁLTICO DE CAMIÑO ENTRE AS ESTRADAS DP-0813 E DP-0803

 

 

VILASANTAR

58.752,48 €

REFORZO DO FIRME DE CALZADA CON M.B.Q. DO CAMIÑO OS CURRÁS - CP 4701 (BARBEITO)

 

 

PADERNE

49.738,00 €

MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE VIGO E VILAMOUREL

 

 

CURTIS

68.827,00 €

REFORZO DO FIRME DE CALZADA DO CAMIÑO DE ACCESO AOS NÚCLEOS DE CASTIÑEIROS E SAN CRISTOVO

 

 

SADA

41.160,00 €

MELLORA DO PAVIMENTO NO CAMIÑO DE LOUREIRO, DENDE O CASTRO A SAMOEDO, PARROQUIAS DE OSEDO E SADA

 

 

IRIXOA

61.491,00 €

MELLORA DE FIRME VIAL LOUSADA DE ARRIBA NO CONCELLO DE IRIXOA

 

 

MESÍA

94.941,00 €

MELLORA DA PISTA DE PEREIRUGA A AROSA (XANCEDA), NO CONCELLO DE MESÍA

 

 

MIÑO

50.301,00 €

MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS DO NÚCLEO DE LEIRO A PARCELAS AGRÍCOLAS DO LUGAR DA COSTA

 

 

CULLEREDO

44.585,25 €

ARRANXO DUN VIAL MUNICIPAL NO NÚCLEO DE FORNOS. CULLEREDO

 

 

COIRÓS

46.467,00 €

MELLORA VIARIOS RURAIS EN COLANTRES

 

 

ARANGA

77.729,00 €

MELLORA DE PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DO TOXIÑO

 

 

OLEIROS

52.072,00 €

PAVIMENTACIÓN DUN TRAMO DA RÚA FORNOS

 

 

OZA-CESURAS

93.068,00 €

MELLORA DE FIRME DO CAMIÑO DENDE A DP-3203 A SESELLE. PARROQUIAS DE RODEIRO E A REGUEIRA, OZA - CESURAS (A CORUÑA)

MELLORA DE FIRME DO CAMIÑO DENDE A CAMPIÑA A LIÑARDEU. E CAMIÑO DENDE A CAMPIÑA A RODEIRO. PARROQUIA DE RODEIRO. OZA - CESURAS (A CORUÑA)

 

ABEGONDO

69.943,46 €

PROXECTO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS 2024-2025: BEADE, CADAVAL E MARCES

 

 

BETANZOS

48.958,62 €

MELLORA DA  PAVIMENTACIÓN E SEGURIDADE DO CAMIÑO MUNICIPAL DO CRUCEIRO-XANROZO

 

 

SOBRADO

77.372,13 €

MELLORA DO VIAL EN COSTOIA

MELLORA DO VIAL EN A LAXE - SANTÓ

MELLORA DE VIAL EN VILASUSO

CARRAL

44.972,85 €

MELLORA DE CAMIÑO MUNICIPAL DE CAMPO DA ALDEA A CHAMOSO, PARROQUIA DE SUMIO

 

 

 

1.134.086,71 €