Medio Rural destaca o potencial da produción agroalimentaria ecolóxica de Galicia nunha visita a unha explotación de arandos en Cerdido

Medio Rural destaca o potencial da produción agroalimentaria ecolóxica de Galicia nunha visita a unha explotación de arandos en Cerdido

Cerdido (A Coruña), 6 de agosto de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe a empresa de agricultura ecolóxica dedicada á produción de arandos, Horticina, no concello coruñés de Cerdido.

Neste encontro, José Balseiros destacou a capacidade de innovación da compañía e a súa estratexia de negocio, que se basea na aposta pola sustentabilidade, ofrecendo un produto de calidade á vez que respectan o medio ambiente. Así, Horticina busca como un dos seus obxectivos, reducir e compensar as emisións de CO2 no seu proceso de produción.