A Xunta avalía coas centrais agrarias o plan que inxectará liquidez aos agricultores, gandeiros e silvicultores afectados pola emerxencia sanitaria

A Xunta avalía coas centrais agrarias o plan que inxectará liquidez aos agricultores, gandeiros e silvicultores afectados pola emerxencia sanitaria

O Goberno galego anticipará entre maio e xuño o pago de case 300 millóns de euros correspondentes a diferentes convocatorias de achegas de Medio Rural

  • Hoxe mesmo, o DOG publica unha orde que axiliza o pagamento de subvencións xa concedidas pero que están pendentes de comprobación en campo e pago por parte da Administración
  • Por outra banda, anticiparase ata un 50% das axudas agrícolas, gandeiras e de desenvolvemento rural cofinanciadas por fondos europeos, como as de plans de mellora, creación de pequenas explotacións ou a iniciativa Leader
  • Ademais, asinarase un convenio coas entidades financeiras para o anticipo das achegas da PAC correspondentes a 2020

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2020.- O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse esta mañá por videoconferencia cos representantes das organizacións profesionais agrarias galegas con presenza no  Consello Agrario co obxectivo de avaliar o plan elaborado polo seu departamento para inxectar liquidez aos agricultores, gandeiros e silvicultores afectados pola emerxencia sanitaria. A iniciativa -que suporá adiantar entre maio e xuño o pago de preto de 300 millóns de euros correspondentes a diferentes liñas de achegas- activa hoxe a súa primeira medida, que suporá a mobilización de case 66 millóns.

Así, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres unha orde que axilizará o pagamento de subvencións xa concedidas pero que están pendentes de comprobación en campo e pago por parte da Administración. En concreto, a norma recolle excepcións na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Deste xeito, permítese substituír as visitas de certificación, ben pola comprobación con soporte documental fotográfico, ben pola realización desas comprobacións tras o pagamento final, co obxectivo de adiantar o pago de 65,7 millóns de euros, dos que 16 millóns xa comezaron a aboarse aos beneficiarios.

As medidas contempladas na Orde para este 2020 tamén serán aplicables ás axudas para investimentos en explotacións agrícolas, ás de incorporación de mozos ao agro, ás de desenvolvemento de pequenas explotacións e ás destinadas a apoiar a transformación e comercialización de produtos agrarios. En materia forestal, veranse favorecidas as subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), as de creación de superficies forestais e as destinadas a accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais.

Finalmente, no caso das subvencións que non estean cofinanciadas polo Feader, a Consellería do Medio Rural tamén poderá empregar este tipo de controis. Así, as comprobacións sobre o terreo para verificar que o proxecto a subvencionar non está comezado antes da resolución da concesión poderán ser substituídas por calquera proba documental suficiente, incluídas as fotografías xeorreferenciadas e a declaración responsable do solicitante da axuda na que manifeste que non iniciou o proxecto.

 

Máis anticipos

Máis aló da Orde que entrará mañá en vigor, o conselleiro explicoulles ás organizacións profesionais agrarias as outras dúas medidas que contempla o Plan de liquidez que vai aplicar a Consellería do Medio Rural.

Deste xeito, González sinalou que a Xunta anticipará ata un 50% -ata o de agora, os anticipos adoitaban ser do 10%- das achegas agrícolas, gandeiras e de desenvolvemento rural das convocatorias cofinanciadas por fondos europeos, como as de plans de mellora e desenvolvemento de pequenas explotacións, así como a iniciativa Leader. En total, adiantaranse, dixo o conselleiro, uns 18,5 millóns de euros por este concepto, sen necesidade de que o interesado aporte aval bancario.

En terceiro lugar, o Plan contempla a sinatura dun convenio coas entidades financeiras para o anticipo aos agricultores e gandeiros das axudas da PAC correspondentes ao 2020, que ascenden aos 210 millóns de euros e que adoitan cobrarse nos meses de outubro e decembro. Neste sentido, o conselleiro indicou que “estamos traballando coas entidades para que, se o agricultor ou gandeiro precisa os cartos, se lle poidan anticipar”.

 

Comisión de expertos

O conselleiro salientou que con estas medidas o Goberno galego segue unha das recomendacións feitas pola comisión de expertos económicos creada pola propia Xunta, no sentido de promover a axilización e pago dos expedientes administrativos relacionados con subvencións xa aprobadas.Por outra parte, tamén se cumpre co establecido polo regulamento de execución aprobado recentemente pola Comisión europea, na mesma liña de axilizar e flexibilizar os controis administrativos e sobre o terreo para o pagamento dos fondos Feader.

Por último, José González remarcou que estas actuacións supoñen “facer xustiza” ao esforzo realizado polo sector agroalimentario durante a pandemia.

 

 

 

Más anticipos

Más allá de la Orden que entrará mañana en vigor, el conselleiro les explicó a las organizaciones profesionales agrarias las otras dos medidas que contempla el Plan de liquidez que va a aplicar la Consellería de Medio Rural.

De este modo, González señaló que la Xunta anticipará hasta un 50% -hasta ahora, los anticipos solían ser del 10%- de las aportaciones agrícolas, ganaderas y de desarrollo rural de las convocatorias cofinanciadas por fondos europeos, como las de planes de mejora y desarrollo de pequeñas explotaciones, así como la iniciativa Leader. En total, se adelantarán, dijo el conselleiro, unos 18,5 millones de euros por este concepto, sin necesidad de que el interesado aporte aval bancario.

En tercer lugar, el Plan contempla la firma de un convenio con las entidades financieras para el anticipo a los agricultores y ganaderos de las ayudas de la PAC correspondientes al 2020, que ascienden a los 210 millones de euros y que suelen cobrarse en los meses de octubre y diciembre. En este sentido, el conselleiro indicó que “estamos trabajando con las entidades para que, si el agricultor o ganadero precisa el dinero, si le puedan anticipar”.

 

Comisión de expertos

El conselleiro destacó que con estas medidas el Gobierno gallego sigue una de las recomendaciones hechas por la comisión de expertos económicos creada por la propia Xunta, en el sentido de promover la agilización y pago de los expedientes administrativos relacionados con subvenciones ya aprobadas.Por otra parte, también se cumple con el establecido por el reglamento de ejecución aprobado recién por la Comisión europea, en la misma línea de agilizar y flexibilizar los controles administrativos y sobre el terreno para el pago de los fondos Feader.

Por último, José González remarcó que estas actuaciones suponen “hacer justicia” al esfuerzo realizado por el sector agroalimentario durante la pandemia.