A Xunta reforza a súa colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia para impulsar a riqueza que representa este gando na nosa comunidade
Coles (Ourense), 20 de agosto de 2024
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agrolimentarias, José Balseiros, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse este mediodía con membros da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga.
O encontro, que tivo lugar no Pazo de Fontefiz, serviu para abordar as demandas deste colectivo e para coordinar esforzos en materia de fomento da cría e manexo das razas autóctonas gandeiras de Galicia, así como para potenciar o banco de xermoplasma, co obxectivo último de facer aínda máis atractivas estas razas para os gandeiros.