Submedida 13.2: Pagos compensatorios para outras áreas que afrontan limitacións naturais considerables.

Conforme a esta submedida compensarase aos agricultores que desenvolvan a súa actividade en zonas con limitacións naturais distintas ás de montaña e que vexan reducida a súa produción, co fin de fomentar o mantemento da actividade, evitar o abandono de terras, conservar o medio rural e a biodiversidade e apoiar sistemas de agricultura sustentable.

Esta medida compensa aos agricultores en zonas con limitacións distintas ás de montaña pola totalidade ou unha parte dos custos adicionais e das perdas de ingresos derivadas da produción agrícola nas devanditas zonas.

Históricos de axudas

Submedida 13.1: Pago de compensación en zonas de montaña.

En virtude desta submedida compensarase aos agricultores que desenvolvan a súa actividade en zonas de montaña e que vexan reducida a súa produción, co fin de fomentar o mantemento da actividade, evitar o abandono de terras, conservar o medio rural e a biodiversidade e apoiar sistemas de agricultura sustentable.

Históricos de axudas

Submedida 11.2: Pagos para o mantemento de prácticas e métodos de agricultura ecolóxica.

A axuda prevista no marco da presente medida concederase por hectárea de superficie agrícola aos agricultores que se comprometan voluntariamente ao mantemento das prácticas e métodos de agricultura ecolóxica definidos no Regulamento (CE) 834/2007 do Consello.

As axudas concederanse anualmente e compensarán aos beneficiarios pola totalidade dos custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

Históricos de axudas

Submedida 11.1: Pago para o cambio a prácticas e métodos de agricultura ecolóxica.

A axuda prevista no marco da presente medida concederase por hectárea de superficie agrícola aos agricultores que se comprometan voluntariamente a adoptar prácticas e métodos de agricultura ecolóxica definidos no Regulamento (CE) 834/2007 do Consello e que reúnan a condición de agricultor activo segundo o establecido no capítulo I do título II do Real Decreto 1075/2014, do 19 de decembro.

As axudas concederanse anualmente e compensarán aos beneficiarios pola totalidade dos custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

Históricos de axudas

Submedida 10.2: Apoio para a conservación e o uso e desenvolvemento sustentables dos recursos xenéticos na agricultura.

A submedida 10.2 desenvólvese a través do tipo de operación 10.2.1, que consistirá en fomentar a inclusión dos recursos xenéticos agrícolas e gandeiros autóctonos en sistemas de produción de calidade compatibles co medio ambiente, mellorando a súa conservación, caracterización e avaliación.

Descargue a información ampliada do tipo de operación 10.2.1 premendo aquí.

Históricos de axudas

Submedida 10.1: Pago para compromisos agroambientais e climáticos.

A submedida 10.1 contempla as operacións referentes ao pago para compromisos agroambientais e climáticos, que según o tipo de beneficiario e sector, divídese nos seguintes tipos de operacións:

Históricos de axudas

Submedida 9.1: Creación de agrupacións e organizacións de produtores nos sectores agrícola e forestal.

Esta medida, persegue a adaptación da produción e o rendemento dos produtores ás esixencias do mercado e fomenta a comercialización conxunta de produtos, o establecemento de normas comúns sobre a produción así como o desenvolvemento de competencias e a facilitación de procesos innovadores.

Históricos de axudas

Submedida 8.6: Axuda para os investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais.

A axuda irá destinada a investimentos para a mellora do potencial forestal, así como á transformación, mobilización e comercialización dos produtos forestais para aumentar o seu valor. Poderán realizarse tamén investimentos en prácticas forestais sustentables.

Descargue a información ampliada da Submedida 8.6 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

Submedida 8.5: Axuda para investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais.

A axuda en virtude desta submedida consistirá en investimentos que se destinarán ao cumprimento de compromisos de xestión forestal con obxectivos ambientais, á provisión de servizos dos ecosistemas forestais, a accións que potencien o carácter de utilidade pública dos bosques e outras superficies forestais, así como tamén a capacidade de mitigación fronte ao cambio climático dos ecosistemas, sen excluír os beneficios económicos a longo prazo.

Históricos de axudas

Submedida 8.4: Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.

O obxectivo desta medida é restaurar o potencial forestal unha vez acaecido o incendio ou catástrofe. Financiaranse actuacións de recuperación do potencial forestal mediante tratamentos postincendio de conservación de solos, tratamentos silvícolas e repoboacións.

Históricos de axudas