Submedida 6.2: Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.
En virtude desta axuda apoiaranse aquelas iniciativas de creación de emprego en zonas rurais galegas mediante a primeira instalación ou desenvolvemento de actividades económicas non agrarias. Este tipo de actuacións contribuirán tanto á diversificación económica como á sustentabilidade territorial, en termos económicos e sociais.