Primera forestación de tierras no agrícolas. Convocatoria 2021

ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR670B).

Axudas á participación de agricultores en réximes de calidade. Convocatoria 2021

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR362A).

Accións silvícolas de prevención. Convocatoria 2021

ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021
ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).
Fecha de presentación: 1/2/2021-25/5/2021

Axudas para a construcción de puntos de auga en montes veciñais en man común e Sofor

ORDE do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).
RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR331A).
Fecha de presentación: 19/2/2021-18/3/2021

Axudas para o control selectivo de combustibles en montes veciñais en man común e Sofor. Convocatoria 2021

ORDE do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).
ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).
Fecha de presentación: 10/2/2021-24/3/2021

Axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación nas reservas da biosfera de Galicia

ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).

Submedida 21.1: Axuda temporal excepcional destinada aos agricultores e ás pemes especialmente afectados pola crise de COVID-19

A axuda articúlase como unha compensación por manter a actividade en función das unidades de traballo anual ou das vacas #ama de cría existentes no momento da declaración do estado de alarma.

No caso de agricultores ou titulares de explotacións agrícolas esta axuda contribúe ao ámbito de interese de mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a reestruturación e modernización das mesmas, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

Históricos de axudas