Submedida 15.2: Apoio á conservación e o fomento de recursos xenéticos forestais.
A submedida estará orientada ao fomento de accións dirixidas á conservación dos recursos xenéticos forestais e mellora do material forestal de reprodución (MFR), incluíndo actividades como o desenvolvemento das diferentes variedades de especies forestais adaptadas ás condicións locais específicas e a asegurar que os bosques contribúen plenamente ao conxunto dos obxectivos ambientais, climáticos e sociais.