Submedida 6.4: Axuda para os investimentos na creación e desenvolvemento de actividades non agrícolas.

Esta medida está dirixida á consolidación e creación de emprego nas zonas rurais mediante a creación e desenvolvemento de novas actividades económicas viables non agrícolas, que deben contribuír a fomentar a diversificación económica, o equilibrio territorial e sustentabilidade do medio rural, tanto en termos económicos como sociais.

Históricos de axudas

Submedida 6.3: Axuda destinada á creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

O obxectivo desta medida é apoiar ás explotacións agrarias galegas na posta en marcha de novos proxectos que xeren creación de emprego. Apóianse aquelas actuacións recollidas nun plan empresarial e levadas a cabo por pequenas explotacións agrarias inscritas no rexistro de explotacións agrarias de Galicia (REAGA).

Enténdese por pequenas explotacións agraria aquelas cuxa renda unitaria de traballo (RUT) atópese entre os seguintes parámetros:

Históricos de axudas

Submedida 6.2: Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais.

En virtude desta axuda apoiaranse aquelas iniciativas de creación de emprego en zonas rurais galegas mediante a primeira instalación ou desenvolvemento de actividades económicas non agrarias. Este tipo de actuacións contribuirán tanto á diversificación económica como á sustentabilidade territorial, en termos económicos e sociais.

Históricos de axudas

Submedida 6.1: Axuda á creación de empresas para os novos agricultores.

A importancia da substitución xeracional é fundamental nun sector como o agrario, dado o seu alto grao de envellecemento. É por iso que baixo esta medida preténdese apoiar a aqueles novos agricultores que queiran instalarse por primeira vez nunha explotación agraria, e que permaneza na actividade agraria durante 5 anos, de tal forma que os mozos que se incorporan crean o seu propio posto de traballo asumindo responsabilidades de xestión e dirección das explotacións nas que se incorporan.

Históricos de axudas

Submedida 4.4: Apoio aos investimentos non produtivos vinculadas ao cumprimento de obxectivos agroambientais e climáticos.

Con esta medida apoiarase o desenvolvemento de proxectos para a mellora da paisaxe rural tradicional e os seus elementos r

Históricos de axudas

Submedida 4.3: Apoio aos investimentos en infraestrutura relacionada co desenvolvemento, a modernización ou a adaptación da agricultura e a silvicultura.

Un dos problemas das explotacións agrícolas, gandeiras e forestais galegas é a súa dimensión territorial.

Históricos de axudas

Submedida 4.2: Apoio aos investimentos en transformación/comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas.

A axuda en virtude desta medida abarcará investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización ou des

Históricos de axudas

Submedida 4.1: Axudas aos investimentos que melloren o rendemento e a sustentabilidade globais da explotación agrícola.

A axuda desta submedida pretende apoiar a realización de investimentos nas explotacións agrícolas que

Históricos de axudas

Submedida 2.3: Apoio á formación de asesores.

O obxectivo desta submedida persegue a formación de asesores para facilita

Históricos de axudas

Submedida 1.3: Apoio ao intercambio de curta duración da xestión agrícola e forestal e ás visitas agrícolas e forestais.

O obxectivo desta submedida é apoiar a transmisión de coñecementos e boas prácticas relacionadas coa xestión das explotacións.

A axuda poderá concederse para intercambios de breve duración referentes á xestión das explotacións agrícolas e silvícolas, así como visitas a explotacións agrícolas e silvícolas, orientadas a persoas en idade laboral, en activo ou con expectativa de incorporación en sectores produtivos relacionados coa agricultura e a silvicultura.

Históricos de axudas