Submedida 8.5: Axuda para investimentos para incrementar a capacidade de adaptación e o valor ambiental dos ecosistemas forestais.

A axuda en virtude desta submedida consistirá en investimentos que se destinarán ao cumprimento de compromisos de xestión forestal con obxectivos ambientais, á provisión de servizos dos ecosistemas forestais, a accións que potencien o carácter de utilidade pública dos bosques e outras superficies forestais, así como tamén a capacidade de mitigación fronte ao cambio climático dos ecosistemas, sen excluír os beneficios económicos a longo prazo.

Históricos de axudas

Submedida 8.4: Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.

O obxectivo desta medida é restaurar o potencial forestal unha vez acaecido o incendio ou catástrofe. Financiaranse actuacións de recuperación do potencial forestal mediante tratamentos postincendio de conservación de solos, tratamentos silvícolas e repoboacións.

Históricos de axudas

Submedida 8.3: Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.

As actuacións de prevención de incendios e outros danos nos montes teñen especial relevancia na conservación das masas forestais. Dada a importancia do sector forestal en Galicia preténdese por tanto traballar a favor da prevención das catástrofes que lle afectan.

No marco de esta submedida fináncianse actuacións de prevención e de loita integrada contra pragas e enfermidades forestais e a implantación e mellora de instalacións de vixilancia e sistemas de seguimento das mesmas.

Históricos de axudas

Submedida 8.2: Axuda para o establecemento e mantemento de sistemas agroforestais.

O obxectivo desta medida é o apoio da implantación de sistemas agroforestais, especialmente nas zonas de montaña.Fináncianse a implantación de sistemas agroforestais así como os labores de mantemento e limpeza durante os primeiros anos de implantación.

Descargue a información ampliada da Submedida 8.2 premendo aquí.

 

Históricos de axudas

Submedida 8.1: Axuda para a reforestación/creación de superficies forestais.

En virtude desta medida apoiarase o incremento da superficie arborizada en aproveitamento baixo, o deseño de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, ou o desenvolvemento de instrumentos de ordenación equivalentes.

As actuacións para levar a cabo baixo esta submedida poden dividirse en dous tipos, de Forestación e creación de novas superficies e o apoio á forestación en zonas de colonización natural, así coma mantemento e limpeza nos primeiros anos de implantación.

Históricos de axudas

Submedida 7.6: Axuda para estudos/inversións vinculados ó mantenemento, a recuperación e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poblacións, dos paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural.

O obxectivo básico é promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural das zonas rurais, actuacións específicas de protección e xestión en zonas Rede Natura 2000, así como noutras posibles zonas de elevado e contrastado valor natural, como as Reservas da Biosfera, que deberán enmarcarse nos plans xerais de conservación e xestión ambiental da Administración autonómica.

Históricos de axudas

Submedida 7.5: Apoio aos investimentos para uso público en infraestruturas recreativa, información turística e infraestrutura turística a pequena escala.

A través desta submedida apóianse operacións que, a través da posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial, natural e paisaxística, contribúan á creación de condicións favorables para o desenvolvemento das iniciativas empresariais do sector turístico e desta forma consolidar e mellorar a oferta e as infraestruturas turísticas nas zonas rurais.

Con esta submedida perséguese a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valoración dos recursos turísticos e o fomento do turismo como un instrumento de reequilibrio territorial.

Históricos de axudas

Submedida 7.4: Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de servizos básicos locais para a poboación rural, incluídas as actividades recreativas e culturais, e a infraestrutura relacionada.

En virtude desta submedida fináncianse investimentos en proxectos que melloran a calidade de vida da poboación do medio rural como son aqueles relacionados con servizos asistenciais, culturais e de apoio a empresas.

A submedida poderá incluir actuacións de implantación e mellora de servizos asistenciais, de servicios culturais, ou centros de servizos, así como pequenas infraestruturas e/ou equipamentos a pequena escala que fomenten a cooperación, servizos e implantación ou mellora das empresas no medio rural.

Históricos de axudas

Submedida 7.3: Apoio ás infraestruturas de banda ancha, en particular a súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda ancha pasivas e a oferta de acceso á banda ancha e a solucións de administración electrónica.

A Comisión europea ha establecido o obxectivo de lograr, en 2020, que o 100% de poboación conte cunha cobertura de 30 megas. Así, esta submedida contemplada no PDR contribuirá a este obxectivo.

Históricos de axudas

Submedida 7.2: Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídas os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía.

En virtude desta submedida apoiaranse aqueles investimentos non produtivos na creación, mellora ou ampliación de pequenas infraestruturas relacionadas coa xestión da auga e enerxías renovables e eficiencia enerxética, podendo ser beneficiarios a Administración Autonómica e os entes instrumentais dependentes dela, así coma entidades locais e entidades delas dependentes, as persoas físicas xurídicas de dereito privado, asociacións e agrupacións público privadas e ONG.

Históricos de axudas